Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fisterra saca un folleto ilustrado para loitar contra a psuedotradición de queimar unha prenda na fin da terra

Fisterra saca un folleto ilustrado para loitar contra a psuedotradición de queimar unha prenda na fin da terra
Folleto de Guitian para o Concello de Fisterra para evitar lumes no Cabo Folleto de Guitian para o Concello de Fisterra para evitar lumes no Cabo

Fermoso e divertido o folleto "Das boas prácticas" que vén de elaborar o Concello de Fisterra, coa colaboración da imprenta provincial. Un panfleto para evitar os lumes no entorno do cabo Fisterra, que a través desa pseudotradición tantas desfeitas teñen provocado. É certo que o ideal tería sido sacalos a comezo de verán, pero a cousa sufrñiu varios retrasos.

Son folletos dirixidos aos peregrinos, que se van deixar en todos os albergues da vila do Cristo, así como hoteis e locais máis frecuentados polos visitantes.

O diseñador das ilustracións é Guitián, o ilustrador que se fixo famoso a nivel nacional gracias ás denuncias “relixiosas” polo cartel do entroido co papa… E os textos están feitos por un compañeiro do BNG de Fisterra e correxidos pola normalizadora do Concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios