venres. 18.04.2025
El tiempo

Fisterra, unha das poucas vilas galegas sen Biblioteca Pública

Fisterra, unha das poucas vilas galegas sen Biblioteca Pública
A casa onde naceu O Valente de Fisterra Antonio de Traba

Aproveitando o día do libro, celebrado onte en moitos puntos da bisbarra pero esquecido en Fisterra, o BNG fisterrán quixo presentar o seu proxecto para crear unha Biblioteca Pública. I é que na actualidade Fisterra é unha das poucas vilas galegas que non conta con biblioteca pública municipal. Unha demanda veciñal da que se fai eco BNG, dende fai anos.

Propoñen a restauración dun edificio que forma parte da historia mariñeira da vila, a casa onde naceu o persoeiro do Valente de Fisterra Antonio de Traba, O Campón, que precisamente é o protagonista da novela de Roberto Traba Velay que estamos publicando, capítulo a capítulo en QPC. A idea é a de dotar a instalación cun espazo denominado “George Borrow”, especializado na temática dos viaxeiros chegados a Fisterra. I é que ao non termos un museo subacuático, polo menos cómpre ter un espazo onde recopilar a documentación, libros, e outros materiais sobre os naufraxios en augas de Fisterra e Costa da Morte. Unha sala especializada en literatura mariñeira. Unha de lectura xeral. E un espazo común de conferencias e uso lectura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios