Fisterra volverá ter Biblioteca

17:21 16/03/18


A Biblioteca será por fin un espazo para inculcar e fomentar aos nenos e nenas o hábito e o pracer pola lectura. Un espazo que levaba esquecido, pola deixadez de anterios gobernos municipais, pero que volve ser unha realidade para recuperar aqueles 2.500 carnets de socio que chegou a ter a Biblio da vila do Cristo. “Durante tantos anos non fixeron nada por facer unha casa da Cultura, e nós temos creado este novo proxecto que esperemos que chegue a bo porto”, sinala Teresa Fernández.
A historia desta recuperación é ademais unha historia de vontade cidadá, pois ademais da implicación clara das concellerías que dirixen Teresa Fernández e Kuka Sar, foron moitos os voluntarios que fixeron posible a rehabilitación das instalacións.
Ademais, a apertura vai depender dos voluntarios, pois mentres non haia persoal específico porque non se pode ampliar persoal nos concellos de menos de 5.000 habitantes gracias á devandita #LeiMontoro, tocaralles aos voluntarios abrir e pechar as portas da Biblioteca. Deste xeito, por agora irá abrindo polas tardes, esperando solventar pronto o asunto e contar con persoal propio. En todo caso, o Concello informará aos centros escolares dos horarios de apertura.


Xornadas Culturais

Novas relacionadas
- Xullo 2015: Os veciños de Fisterra implícanse na restauración dos seus 15.000 libros abandonados.
- Xullo 2015: Libros que esmorecen pola deixadez.
- Abril 2015: Fisterra, unha das poucas vilas galegas sen Biblioteca Pública.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).