Venres. 13.09.2024
El tiempo

Jorge Mira achega a Hawking ata á fin do mundo

Jorge Mira achega a Hawking ata á fin do mundo
Stephen Hawking no Faro Fisterra con Jorge Mira Stephen Hawking no Faro Fisterra con Jorge Mira-Foto-Marcos Rodríguez O científico británico Stephen Hawking atópase xa en Santiago de Compostela, onde o sábado 27 recollerá o Premio Fonseca 2008 concedido polo Programa Conciencia que apoian conxuntamente a Universidade e o Consorcio de Santiago. Da man do baiés Jorge Mira, o británico achegarase este xoves 25 de setembro a disfrutar do misticismo do cabo da fin do mundo. A semana pasada contábanos en primeira persoa o baiés as súas impresións sobre o británico e por que era el o primeiro galrdoado deste programa. A axenda de Hawking estará moi apretada a pesar de que vaia a pasar unha semana no país, algo que non soe facer. Xa foi recibido polas institucións e por exemplo o mércores ten previsto un encontro con investigadores, profesores e alumnos da Universidade de Santiago. O xoves, Fisterra, e xa o venres 26, no Instituto Rosalía de Castro o científico británico presentará o seu último libro La clave secreta del universo. A visita de Hawking a Santiago terá como colofón a cerimonia oficial de entrega do I Premio Fonseca, que terá lugar o sábado 27 de setembro, ás 18:30 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, na que pronunciará a conferencia ‘Saíndo dun burato negro’. Stephen Hawking no Faro Fisterra con Jorge Mira Stephen Hawking no Faro Fisterra con Jorge Mira-Foto-Marcos Rodriguez

Comentarios