Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Jose Marcote: “O ti vai facendo está vindo de volta ao Concello de Fisterra”

Jose Marcote: “O ti vai facendo está vindo de volta ao Concello de Fisterra”
Jose Marcote volve ser o candidato do PSdG de Fisterra 2015

Falamos con Jose Marcote, novamente candidato do PSdG á alcaldía de Fisterra. Un PSdG que conta cun 3 concelleiros no pleno actualmente e que cre posible aumentar esa cifra e poder quitarlle o bastón de mando a un alcalde que leva 13 anos no poder, a pesar das súas imputacións e críticas por gobernar dun xeito caciquil.


  • QPC: Con que obxectivo afronta a súa lista estas eleccións do 24M?

O noso obxectivo é chegar a gobernar, como non pode ser doutra maneira, Pero tamén temos que ser realistas, e un bo resultado pasaría por mellorar o noso número de concelleiros e porque o PP non consiga o maioría.
O que se pulsa nas rúas é complicado convertilo en votos. Con todas as reservas, antes das eleccións todo o mundo se queixa do goberno e ao final sempre seguen gobernando. Pero este ano vexo un cabreo máis xeralizado e algo máis profundo, e esperamos que se transforme nun castigo.


  • QPC: Cres que a imputación do alcalde, e denuncias por corrupción mermarán os resultados do PP?

Son moitos temas encima da mesa. O tema do Semáforo, por exemplo. Estamos falando dun edificio emblemático, e hai que ter coidado de facelo, a pesar de que debería ser un mero trámite administrativo, pero en campaña ten que ser perfectamente legal e ético. Os temas de Urbanismo tamén están facendo mella, a xente está vendo as sentenzas, licencias anuladas.. “O ti vai facendo” está vindo de volta ao Concello, e o Concello ten que asumir que non o fixo ben. Estas cousas poden arruinar a unha familia e a ver se as sentenzas non nos deixan en quebra a todo o pobo.


  • QPC: A lista mantén as primeiras espadas que en 2011. Cales son os puntos fortes do seu equipo?

Nós sempre confiamos na xente que forman parte o equipo. Non variamos moito polo que seguimos confiando en nós mesmos. Ao mellor noutras listas se miras para abaixo non hai ninguén dos de antes. Só cambiamos por expecións por causas persoais, pero fumos cubrindo os ocos, con outra xente comprometida co partido.

Lista do PSOE de Fisterra 2015
  • QPC: Cales cren que son as eivas máis grandes no seu concello e que solucións propoñedes?

Sen dúbida, o aspecto de abandono. Todo o mundo, tanto os veciños como os de fóra, se queixa do abandono, do aspecto. Fisterra necesita Plan Urxente de Limpeza e adecentamento de espazos públicos. Rúas, papeleras, prazas… todo necesita unha mellora. Eso temos que cortalo. Facer un Fisterra máis bonito e máis limpo, e podemos porque o Concello ten completas competencias.
Pero aquí faltan moitas cousas básicas. Hai 20 anos empezaron a Dumbría o que nós aínda non comezamos a facer hoxe en día. Por iso se cadra tamén temos que comezar por educar á xente a ser máis cívica.
Este é un sitio emblemático, nós somos Costa da Morte, comarca, pero Fisterra é o sitio máis emblemático e temos que coidalo, non o podemos ser só polo nome. Temos que deixar de saír na prensa só por cousas malas.


  • QPC: Tres propostas concretas, e importantes, do seu programa.

Todo o mundo estamos pensando nos evidentes, que hai que pensar en elas. Todos queremos Centro de Saúde como “diosmanda”, que levamos séculos pedindo. Cando teremos unha Casa da Cultura ou espazo de reunión, onde por exemplo, dar un mitin. Non pedimos tanto.

O contradique do peirao de Fisterra, que xa levamos anos e anos traballando, e non se puxo nin a primeira pedra. Se puxeramos unha pedra cada ano dende que se fala do tema, xa teríamos medio dique. Que pasa co Plan Director do Monte do Cabo… Xa perdemos o Patrimonio Europeo, e como sigamos así perdemos ata o nome. E que pasa co Plan Xeral de Ordenación Municipal e o Plan do Casco Histórico, que levan 20 anos no caixón.
Levamos tanto tempo de atraso e xa non sabemos cales son as prioridades, porque todas son cousas fundamentais.


  • QPC: Como potenciará a participación cidadá no Concello?

Nós temos precisamente no noso programa, o último apartado chámase “Concello Aberto”. Imos crear 3 comisión representattivas. Unha é de representantes dos veciños, por asociacións ou lugares, para reunirse co grupo de goberno. A xente non pide marabillas, piden cousas normais e antes de elaborar os presupostos, hai que xuntarse con eles e facer un plan de acción.
Imos facer unha Comisión de Turismo, con representantes do sector, pois é un dos grandes motores. E como non o coidemos podemos ata morrer de éxito. Hai que dimensionar o turismo que pode recibir Fisterra e xestionar sen perder a calidade. Se nós gobernamos, o Concelleiro de Turismo vai ser o alcalde. Marcaremos con todos os representantes as liñas mestras do plan turístico.

Ademais, temos outro sector fundamental que é o da Pesca, e a pesar de que o Concello non ten competencias na materia, non podemos deixar aos nosos mariñeiros á súa conta e risco, agora que estás abandonados e maltratados. Moitos mariñeiros falan de desguace estes días, e eso é un dano terrible, que cortar unha parte fundamental do noso tecido económico, pesqueiro e gastronómico. Nós estaremos á cabeza, porque o Concello ten que pelexar co sector. Sendo malpensado, parece que hai alguén interesado en que desapareza a pesca artesanal.

O “Concello aberto” van ser máis cousas, todo documento público vai ser publicado na web do Concello. Un básico de transparencia.
Queremos que os veciños vaian aos plenos, polo que imos cambiar os horarios de plenos para que poidan ir porque os martes ás 13:00h está pensado para que vaiamos os concelleiros e o policía local. Imos crear a oficina da oposición, que levamos anos pedindo, pero debe ser demasiado democrático para o PP pois a levamos pedindo moitos anos.


  • QPC: Poderíase falar de pactos se PSdG e BNG suman edís suficientes para formar goberno?

Claro que se pode falar de pactos. Hai que ser realistas. Nós en Fisterra, se o PP non colle a maioría absoluta é que a xente de Fisterra non quere que goberne o PP. O PP pode perder a maioría pero non creo quie quede cun só concelleiro. Así que a partir de aí depende dos resultados, pero todo vai a pasar porque nos apoiemos uns aos outros. Os demais teremos que sor capaces de entendernos.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios