Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Juan Galán presenta a súa última novela, ambientada na Guerra Civil, en Fisterra

Nivel Juan Galan en Fisterra
Juan Galán presenta a súa última novela, ambientada na Guerra Civil, en Fisterra

Este venres,14 de xaneiro, o salón de actos do Concello de Fisterra acolle, a partir das 19:30 horas, a presentación da nova novela de Juan Galán: «Romanza de los naranjos en flor». O escritor e investigador da Memoria Histórica estará acompañado polo poeta fisterrán Modesto Fraga.

A novela, que se desenvolve durante a Guerra Civil Española é “unha combinación de novela histórica e intriga”, como define o propio autor. "O testemuño dunha traxedia colectiva contada a través da historia de dúas persoas cuxas vidas transcorren paralelamente sen ningún vínculo entre elas, Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo dun republicano nado en Ferrol, e Miguel Artimes Chaira, de Oviedo, violinista afiliado á CNT”.

Son os protagonistas dunha trama na que ambos acaban xuntándose no campo de concentración do mosteiro de Oia en Pontevedra. Non é unha novela bélica, di Juan Galán, "aínda que o principal elemento é a represión que sofren os presos republicanos”.

Comentarios