mércores. 20.05.2026
El tiempo

Fisterra rende homenaxe á emigración cun monumento inspirado na icónica foto de Manuel Ferrol

Mitica Foto da emigracion de Manuel Ferrol copia
Mítica foto do camariñán Manuel Ferrol
Fisterra rende homenaxe á emigración cun monumento inspirado na icónica foto de Manuel Ferrol

Aquel 27 de novembro de 1957 era un día máis nos que centos de galegos tiñan que deixar o noso país pola falta de oportunidades. Pero aquí día quedará na historia da emigración galega porque estaba Manuel Ferrol para retratar a dor das despedidas.

Fillo do fareiro do Faro Vilán, nace no propio Faro en 1923, e non é ata a adolescencia cando se despraza a Coruña. para comezar os seus estudos de Enxeñaría Náutica, unha carreira que abandona para dedicarse de cheo á fotografía. 

De entra as súas fotos, a máis destacada é a imaxe "El padre y el hijo", símbolo eterno da dor, da esperanza e da dignidade do pobo galego emigrante. e precisamente nesa imaxe se baseo o Concello de Fisterra para o novo monumento adicado ao sentir da emigración. 

Un monumento que será inaugurado este sábado 23 de maio ás 13:00 horas no Porto de Fisterra.

Máis novas

Comentarios