Sábado. 23.02.2019
El tiempo

Laxe e Fisterra Queren Cantar

Laxe e Fisterra Queren Cantar

A mocidade de Laxe xa demostrara o seu talento vencendo a primeira edición do concurso Quero Cantar. Este ano, na III edición deste certame que pretende promocionar e difundir o uso da lingua galega así como a creatividade poética e musical dos rapaces, tamén ten unha proposta con acento laxeiro. E outra con acento fisterrán.

As Fantásticas do CEIP Mar de Fóra de Fisterra e o alumnado da Escola de Música de Laxe presentan as súa candidaturas con temas feitos por [email protected] mesmos.

As Fantásticas de Fisterra cantan “O Blues do Faro”, mesmo tocando os instrumentos.

 

Pola súa parte, s Rap-azada, alumnado da Escola de Música de Laxe fixeron eles mesmos tamén o vídeoclip deste temazo “Son de Laxe”.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/colaxe-gana-a-primeira-edicion-do-concurso-de-musica-infantil-quero-cantar/
Comentarios