Laxe e Fisterra Queren Cantar

16:00 31/10/18
A mocidade de Laxe xa demostrara o seu talento vencendo a primeira edición do concurso Quero Cantar. Este ano, na III edición deste certame que pretende promocionar e difundir o uso da lingua galega así como a creatividade poética e musical dos rapaces, tamén ten unha proposta con acento laxeiro. E outra con acento fisterrán.
As Fantásticas do CEIP Mar de Fóra de Fisterra e o alumnado da Escola de Música de Laxe presentan as súa candidaturas con temas feitos por el@s mesmos.
As Fantásticas de Fisterra cantan “O Blues do Faro”, mesmo tocando os instrumentos.
Pola súa parte, s Rap-azada, alumnado da Escola de Música de Laxe fixeron eles mesmos tamén o vídeoclip deste temazo “Son de Laxe”.