Un libro e unha exposición recuperan a verdadeira Fisterra
Doble cita cultural na vila do Cristo para as vindeiras semanas. Ademais dunha nova exposición no Faro Fisterra, que segue a ser o minusvalorado segundo punto máis visitado do país, queremos falar da presentación dun libro especial: "Crónicas de Fisterra: Contos dun Tabernícola", de Roberto Traba Velay.
I é que falamos dun dos fisterráns máis influíntes nos últimos tempos. Un home que loita polo Camiño, que loita polo entroido, que loita por recuperar a historia de Fisterra, que loita por manter e dinamizar as festas da vila...
Así, este venres 29 de xuño, ás 20:00h, o Salón de Actos do Concello de Fisterra acollerá a presentación do libro coas intervencións de Manuel Rivas, Modesto Fraga e Xosé Ameixeiras. O propio Rivas contaba que o libro "é o mellor tesouro de Fisterra, porque aquí está todo, contado dun xeito maxistral...”
Exposición no Faro
Ademais, a nova fotógrafa muxiá Teresa Búa presenta a súa exposicióno vindeiro 6 de xullo no Faro fisterrán. Unha exposición que estará aberta ata o 31 do mesmo mes.
Novas relacionadas
- Dous guías de excepción achegan a maxia de Moraime á veciñanza.
- A Lonxa de Fisterra acolle unha exposición coas Visións do Mar da fin do mundo.
Fonte
- Concello de Fisterra.