venres. 10.07.2026
El tiempo

O Entroido de Verán de Fisterra, un escaparate para nova onda de bandas locais

Entroido de Veran de Fisterra 2026
O Entroido de Verán de Fisterra, un escaparate para nova onda de bandas locais

Chega o Entroio de Verán de Fisterra, unha desas citas que naceu hai pouco pero da que xa se sabe que vai establecerse como data segura no calendario festexeiro da fin da terra. O que gusta o Entroido na vila do Cristo, e aínda por riba en pleno verán…

A organización corre a cargo dos Rapacollóns, que coa colaboración municipal prepara unha festa singular. A xornada comezará ás 17:00h na Ribeira, coa concentración de disfraces.

Será aí a pé do areal onde se celebre un singular festival de música. As novas bandas locais vivirán unha xornada moi especial enriba do escenario. A Dosis Letal xa os coñecimos en QPC tras tocar no Mercado da vila. Que dicir de Julia, que gozamos con ela na Gala do Fútbol da Costa QPC. Completará o trío de actuacións a banda Purpple Quartz.

Coñecemos un pouco ás 3 bandas:

Ao remate dos concertos haberá gran desfile amenizado pola batucada máis famosa da comarca, a dos Rapacollóns, e a Mekánica ROlling Band. E xa a partir das 21:30h, troula na Praza da Constitución.

Comentarios