Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Míticos do Fisterra volveron xuntarse en Arasolis por unha boa causa

Miticos de Fisterra-Foto-Steffen Pfeiffer
Míticos da SD Fisterra volveron a Ara Solis-Foto-Steffen Pfeiffer
Míticos do Fisterra volveron xuntarse en Arasolis por unha boa causa

Fermosa e emotiva xornada a vivida este Domingo de Pascua de semana en Ara Solis. Entre procesión e procesión, o campo da fin da terra acollía un partido solidario moi especial. Unha marea de míticos do SD Fisterra volvían calzarse as botas por unha boa causa: recadar fondos para Cáritas Fisterra. "O espírito comunitario e a alegría do fútbol foron da man", describe Steffen Pfeiffer.

En fronte estiveron os Veteranos do Dumbría, que se brindaron a esta fermosa iniciativa organizada por Quico Benlloch, "lenda local do fútbol e membro activo da comunidade, cuxa dedicación é recoñecida tanto no campo como no ámbito social", como o define Pfeiffer. Un Benlloch que ten claro que nagún momento ("non hai presa") tomará o relevo á fronte do club.

O pai Britto cos capitans do Fisterra e Veteranos Dumbria-Foto-Steffen Pfeiffer
O pai Britto cos capitáns do Fisterra e Veteranos Dumbría-Foto-Steffen Pfeiffer

Os xogadores da Sd Fisterra, dirixidos polos áxiles Rodrigo e Angeliño, demostraron no primeiro tempo que a súa capacidade futbolística non mingua co paso do tempo. Con dous goles, marcaron a pauta. Con todo, os Veteranos de Dumbria, liderados por Alan Fuentes, recurtaba antes do descanso.

O descanso ofreceu a xogadores e espectadores un momento de convivencia. Pero a relaxación foi breve, xa que a acción no campo seguía sendo intensa. Rodrigo, da SD Fisterra, selou a súa destacada actuación con outro gol, asegurando a vitoria do seu equipo.

Rodrigo Lobelos un dos protagonistsa-Foto-Steffen Pfeiffer
Rodrigo Lobelos, un dos protagonistsa-Foto-Steffen Pfeiffer

Despois do partido, non só se recoñeceron os logros deportivos, senón tamén o propósito benéfico do evento. Os capitáns dos dous equipos recibiron de mans do Padre Britto e da Alcaldesa de Fistera Áurea Domínguez, un trofeo de porcelana con forma de "Faro de Fisterra", un emblemático galardón que reforza o vínculo coa comarca. Ademais, o traballo e a dedicación do presidente de Cáritas Fisterra, Tony Martínez, foi recoñecido cunha cesta de agasallo coidadosamente seleccionada.

Ao final, a recadación, 560€, foron doados á entidade.


 

Comentarios