Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Modesto Fraga celebra 20 anos de poesía co seu novo libro Devalar sen pel

Modesto Fraga celebra 20 anos de poesía co seu novo libro Devalar sen pel
LIbro Devalar sen pel de Modesto Fraga Mondoñedo, Vilalba, Carral… Alá onde vai, arrasa. O poeta fisterrán Modesto Fraga gañaba o ano pasado o XIX Concurso de Poesía Concello de Carral, competindo con outros 54 poemarios. Saben que os premios destes certames adoitan ser a publicación do traballo, e así, o seu novo libro sairá do forno e será presentado este vindeiro 26 de maio, no marco dos actos das Letras Galegas. Desta volta, Modesto recibiu ademais 2.500€. O libro de poemas do fisterrán Devalar sen pel está editado por Espiral Maior e conta cunha ilustración de Viki Rivadulla na portada. O xurado recoñecera que Devalar sen pel «xoga coas tradicións, tensionando moi ben o texto e sabendo darlle aire nos momentos oportunos». Con este libro cúmprense 20 anos da publicación do primeiro poemario do fisterán, "Do amor salgado" (1997), o que supón unha fermosa representación da xa longa carreira deste novo poeta do Batallón Literario da Costa da Morte. Este 2016, o XX Certame de Poesía Concello de Carral recaeu sen Xosé Luís Mosquera Camba. Un premio que ten marcado acento costeiro xa o gañaran o camariñán Rafael Lema, con “Atlántida”, e os ceenses Rafa Villar, con “Días de Sherezade”, e Miro Villar con “As crebas”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios