Venres. 29.03.2024
El tiempo

Modesto Fraga gaña o senlleiro certame literario de Vilalba co seu novo libro de sonetos

Modesto Fraga gaña o senlleiro certame literario de Vilalba co seu novo libro de sonetos
O-fisterran-Modesto-Fraga-gana-o-certame-literario-de-Vilalba-2015 O fisterrán Modesto Fraga gana o certame literario de Vilalba 2015 Segue en fantástico estado de saúde a literatura costeira. Desta volta, o poeta fisterrán Modesto Fraga vén de recibir a boa nova de que o xurado do XLI Certame Literario do Concello de Vilalba, presidido por Darío Villanueva (Director da RAE), acordou conceder por unanimidade o premio da presente edición ao seu libro de sonetos “Adagio por outono”. Sen dúbida, o gran premio é a publicación do libro, pero tampouco está mal a dotación de 3.000€, flor natural e diploma, que outorga o Concello lucense polo San Ramón. Un certame literario que goza dun grande prestixio no ámbito das nosas Letras pois é o Decano da poesía galega, con 41 edicións xa convocadas. “Adagio por outono” consta de 35 sonetos divididos en catro partes: “Sinfonía do corpo”, “Pórtico”, “Ao modo do Dolce Stil Nuovo” e “Adagio ma non troppo”. O libro sairá publicado o ano que vén na editorial Alvarellos, despois da publicación, non hai moito dos seus Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar. Novas relacionadas    

Fonte

Comentarios