Martes. 25.06.2024
El tiempo

Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar

Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar
Modesto Fraga presenta o seu novo libro Atlantica Luz

Seguimos disfrutando dogran estado de saúde da literatura costeira. Xa está na rúa o novo libro de Suso Lista, Xeixos. E trazamos unha ruta salgada entre Corme e Fisterra para achegarnos á nova sigradura poética de Modesto Fraga, o fisterrán, despois do éxito de ”Fisterra, a derradeira perla de occidente”, anuncia que en agosto estará nas librarías (entre elas a súa, A Lus do Candil de Arteixo), o seu novo libro, "Atlántica luz (Poesía mareira 1995-2015)”.

Como el mesmo conta nas redes sociais, será un volume moi especial para el, pois é unha recompilación de 20 anos de produción poética, onde o mar será protagonista principal, como non podía ser doutro xeito.

O libro terá tamén fotografías antigas de Fisterra e boa parte da cartografía esencial (topónimos e microtopónimos coas súas respectivas coordenadas) da paisaxe mariñeira.

Estará nas Feiras do libro de Cee e Carballo, continuando a espallar o espírito da "Fisterranía”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios