Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A música galega contemporánea protagonizará o novo Fisterra Experiencie

Fisterra Experiencie 2024 cartel
A música galega contemporánea protagonizará o novo Fisterra Experiencie

Nace, da man do colectivo Nordesía, a nova proposta festivaleira na fin da terra. Trátase do Fisterra Experience, unha proposta que aúna o marco incomparable que supón a vila fisterrá cun menú musical do máis suxerente e a atención especialmente a proxectos de proximidade, orixinados e asentados na provincia da Coruña ou na totalidade de Galicia. A banda muradá The Rapants e os herculinos Brais Morán & Nasafunk serán os cabezas de cartel deste evento, que recolle como herencia do blues, a singular actividade “Música a Bordo”, coa música soando nos Cruceros Fisterra.

O evento inciará o venres 28 de xuño cunha sesión que aunará unha das realidades máis maravillosas que se poden presenciar desde o litoral galego: o solpor de Fisterra; cunha das mellores DJs de todo o territorio nacional, a monfortina Eme DJ. Esta primeira actividade terá lugar no Semáforo de Fisterra.

O sábado 29, a programación dará comezo cunha sesión vermú a cargo de Ukestra do Medio, no Hotel Bela Fisterra. A continuación terá lugar a actividade “Música a Bordo”, con Indomable, a cargo de Cruceros Fisterra. Nesta actividade, o público poderá compartir esta pequena viaxe polas inmediacións do océano, presenciando a beleza da vila fisterrá desde a auga, ao tempo que disfruta da música do cantautor asentado na Coruña. A noite dará comezo no Escenario Xacobeo, na rúa da Foliada, cun concerto de Brais Morán & Nasaufunk que precederá ó prato forte do festival, The Rapants. A banda, orixinaria de Muros, está a ser unha das grandes revelacións do panorama galego neste 2024. A velada rematará cunha pinchada a cargo de Peter Sélek DJ.

O domingo, para finiquitar a experiencia, Cachas & Cousins ofrecerá unha sesión vermú no Hotel Bela Fisterra.

Todas as actividades serán de balde, agás a actuación de Indomable en “Música a Bordo”, e os concertos do Escenario Xacobeo, con Brais Morán & Nasaufunk e The Rapants.

As entradas xa figuran á venda na web do festival fisterraexperience.gal.

Máis citas festexeiras fisterrá

Comentarios