Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Nace o I Fisterra Arroutada Fest formulado para "sumar"

Arroutada Fest Fisterra 2024
Nace o I Fisterra Arroutada Fest formulado para "sumar"

Loli, Violeta, Sandra e Nicole son 4 bravas fisterrás amantes de toda clase de arte, que o verán pasado se propuxeron “facer algo diferente, algo para sumar”. Escolleron unha palabra moi fisterrá, moi súa, Arroutada, para montar unha Asociación, e a partir de aí comezaron a darlle á cabeza. “Queremos facer algo por para o pueblo”, relata Loli, deixando claro que son completamente alleas a calquera lea política, e agradecendo tamén a colaboración de moitísima xente que se está sumando ao carro, con especial mención aos amigos madrileños Sonia e David.

A primeira actividade que van armar xa ten data: o 20 de xullo a vila do Cristo será escenario do I Fisterra Arroutada Fest (@fisterraarroutadafest), un festival de músicas diversas no campo da Igrexa. Bandas galegas de diferentes estilos (rock, punk, trap, rap, ska, rock ‘n roll, dj…) subirán ao escenario para armar unha boa festa. “Nós imos sempre ao Folk, imos ao blues… imos a todo, que a nós nos gusta todo, e tamén queremos o noso festival, sen ánimo de lucro e autoxestionado”, explica. “Estámolo facendo con moito cariño”, apura agradecendo a colaboración do Concello, orgullosas do “moi bo proxecto” que lle levaron.

Polo escenario aparecerán bandas consolidadas como os Skarnivals, e outros emerxentes como C Mirazo, unha das caras máis representativas da nova onda rur-urbana galaica. O rock de “Calle do Ruído” (Pontevedra) ou de “Treintañeras Cañeras” (Vigo), o hard rock de “Nove Meses” (Cerceda), o metal electróonico de “Arrythmia”, o punk de “Grima”, ou o hiphop das viguesas Vértebras, terán cabida na primeira edición do festival.

Non faltarán os tambores dos Rapacollóns ou a música orquesteira da Tripulasión para darlle o calor fisterrán.

Xa podedes facervos coas entradas, a 10€ (máis a comisión de ticketmaster) nesta ligazón.

Concurso de graffitis

O festival virá acompañado de foodtrcks e dunha feira de artesanía para que acaban de abrir o prazo de inscrición. E para adecentar un pouco o espazo do Campo da Igrexa, o que coñecen de sempre o “poli”, farán un concurso de graffiti, cuias bases presentarán nas vindeiras xornadas.

Destino Starligh

Destino Starligh Ligh Arroutada Fest

E como desas persoas que teñen un telescopio e que ademais o usan sempre que hai unha boa lúa, decidiron armar tamén unha quedada Starligh para o venres 19 de xullo, na previa do festival. Aproveitando o tirón dos nosos ceos, invitan a Jorge Mira e ao poeta fisterrán Alenxadre Nerium para vosotar o lugar sacro.

Podedes seguir nas redes a @fisterraarroutadafest, e estar atento das últimas novidades.

Comentarios