Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Fisterra disfrázase para o Entroido de Verán

  • O verán fisterrán complétase co Arroutada Fest e cun Fisterra Experience que renova a súa proposta.
Cartel Entroido de Veran de Fisterra 2024
Fisterra disfrázase para o Entroido de Verán

Unha das citas máis esperadas do ano en Fisterra é o Entroido. Pero dende hai uns anos, os Rapacollóns conseguiron xa establecer como cita imprescindible a opción estival da festa carnavaleira. I é que pode disfrazarse á caloriña dá moitas posibilidades.

A deste 2024 será o sábado 6 de xullo, e xa a partir das 12:00h arrinca a outrola co pasarrúas das charangas O Son dos Michos, A Tripulaisón e Nin chicha nin patacón.

A festa comeza pola tarde, con sesión de animación infantil a partir das 16:00h na praia da Ribeira. Ás 18:00 haber´ca concentraciónd e disfraces e a partir das 20:30h Gran Desfile coa batucada dos Rapacollóns. Xusto antes, o pregón do creador de contidos fisterrán Miguel Mandayo.

A partir das 21:30h, a festa trasládase á praza da Constitución, con música ata a madrugada, incluído o concerto da banda Broken Peach.

Fisterra Experience

Será unha das citas do verán, xunto co Arroutada Fest e tamén co Fisterra Experience, que este verán aparca o blues para ofrecer unha reconversión nun festival renovado para os 28, 29 e 30 de xuño.

Máis novas

Comentarios