Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Nace unha nova Asociación de Veciños para defender o patrimonio de Fisterra

Nace unha nova Asociación de Veciños para defender o patrimonio de Fisterra
Asociacion Vecinos de Finisterre Nace a nova Asociación de Veciños Finisterre

Preséntase estes días a nova "Asociación de Veciños Finisterre". Unha nova entidade levará a cabo en breve varias actuaciónsm relacionads co patrimonio, pois o seu fin principal é a promoción de actividades de carácter cultural e a defensa dos intereses dos veciños de Fisterra ante as distintas administracións.

Aseguran un grupo con "carácter aberto, apolítico e de servizo", coa idea de "fomentar o clima de boa veciñanza e relación entre todas as persoas que residen e traballan dentro do noso pobo". Xa teñen "moitos proxectos en carteira que coa axuda de todos poderemos ir poñendo en marcha". Actualmente xa contan con varias seccións como "os mércores culturais" ou a "Foto-denuncia".

Son varios os nomes recoñecibles dos socios fundadores que forman a actual Xunta Xestora, e que afrontan o reto de estar á fronte desta esta entidade como "unha ferramenta que converta o noso pobo nunha verdadeira comunidade vecinal". Estes son José Manuel Valdomar Senra, Juan Gabriel Satti Bouzas, Manuel Canosa Trillo, Ángel Manuel Rivas Santamaría e José Miguel Insua Traba.

Fonte

  • A Xunta Xestora de "Asociación de Vecinos Finisterre".

Comentarios