Domingo. 23.01.2022
El tiempo

Nova visita política ás obras do Porto de Sardiñeiro

Nova visita política ás obras do Porto de Sardiñeiro

Nova visita política ás obras do Porto de Sardiñeiro, a que protagonizaron o pasado venres o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e varios membros do PP da zona. Unha visita para comprobar o grao de execución das obras das novas instalacións portuarias, pero ningunha alusión ao accidente grave acontecido o pasado mes de outrubro nas obras.

Se eb as obras comezaron en agosto e o prazo de execución de once meses, teremos que agardar ata o verán para ver o porto rematado. Pero os responsables quixeron destacar "o bo ritmo de execución desta actuación, dentro dos prazos previstos, malia que a meteoroloxía e os temporais condicionan a súa execución".

Neste momento estase a colocar a escollera exterior do dique de defensa e a valorar a cimentación da infraestrutura do peirao.
As obras consisten basicamente na construción dunha rampla de 40 metros de lonxitude e 5 metros de ancho, unha explanada en “L” con 2 pequenos peiraos de 15 metros de lonxitude e 3 metros de calado. Tamén se mellorará o pequeno bordo litoral, o que significará unha garantía medioambiental para a praia e a súa contorna litoral, garantindo a seguridade dos mariñeiros e adaptándose ás necesidades reais da zona.

Outras obras na zona

Informa a nova Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Portos de Galicia, da súa "aposta pola creación e mellora das infraestruturas portuarias da Costa da Morte". E pon exemplos como a ampliación do dique de abrigo do porto de Camariñas, as obras de ampliación de espazos portuarios en Caión, en Laracha, ou a recentemente rematada ampliación do peirao de Brens.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos.

comentarios