Novo incendio, desta volta no cabo da Nave, de Fisterra

12:14 11/08/18

Parece que debe haber un incendiario solto por Fisterra. Unha semana despois do crú incendio do Monte Facho, esta pasada noite de venres 10 de agosto a vila do Cristo rexistraba outro incendio.
Pasadas as 22:00h avisábase ao 112 por un lume entre o monte do Cabo da Nave e o monte de San Martiño. O lume baixaba cara o mar, pero pronto chegaron as brigadas e Protección Civil, que arredor das 1:30h xa o tiñan controlado. As brigadas refrescaron o perímetro e quedaron toda a noite para evitar que se reiniciase, como pasaba a semana pasada.
Finalmente foi arrasada 1 hectárea (equivalente a un campo de fútbol).