![albergue-fisterra-100000]()
Chegou o peregrino número 100.000 ao albergue de Fisterra. O pasado luns 11 de outubro de 2010 a peregrina holandesa Elisabeth van Kan, recibiu esta especial a Fisterrana da man da hospitaleira Begoña Valdomar.
Foron 100.000 historias, 10.000 vidas, 100.000 Fisterranas as que entregou o albergue dende o ano 1997 que leva funcionando o albergue fisterrán, un dos que teñen máis sona de todo o país. E iso que os primeiros anos era o concello o que a entregaba aos valentes visitantes.
E unha vida enteira a que podía contar Elisabeth, que aos seus 62 anos saíu co seu marido dende a súa casa, en Gelee, Holanda. Máis de 3 meses e 2.800km a pé para chegar á fin do mundo.
Esta cifra dá conta da importancia do Camiño Xacobeo para a economóa da Costa da Morte no século XXI. Esta galiña dos ovos de ouro que aínda non acabamos de coidar como merece.
Novas relacionadas
Fonte