![Praia Langosteira - Foto- Javi Mos]()
O voceiro municipal do BNG de Fisterra, Modesto Fraga, saíu á luz pública nas últimas horas para denunciar o mal estado do paseo marítimo da Langosteira.
Nunha entrevista en Radio Nordés, Fraga dixo que o estado da zona é “deplorable”. O nacionalista asegurou que
“hai cravos ao aire libre e oxidados, as bases de apoio están podres e o estado das fontes é deplorable”. O nacionalista instou ao Concello a “cumplir coa obrigatoriedade de ter os servicios públicos en boas condicións”. O estado da zona cobra máis importancia, se cadra, nesta época estival ao ser unha das zonas máis visitadas en época de verán e por onde pasan os peregrinos que fan o Camiño.
Modesto Fraga considera que Langosteira non recibiu bandeira azul este verán por mor da situación das instalacións e relaciona este caso co de Sardiñeiro, no que “os informes de Sanidade deron resultados negativos hai tres semanas”.
Fraga Moure avogou porque a administración local cumpra coa súa responsabilidade, xa que
“non basta con ter boa paisaxe e atractivos”. O nacionalista instou ao Concello a arranxar o paseo para que “non aconteza ningunha desgraza da que laiarse”.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).