7 praias da Costa da Morte entran no programa de recollida selectiva de lixo


‘Se paras na praia, separa’ é o lema da nova campaña que vén de abrir a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Unha campaña de recollida selectiva que chega a 7 areais da zona da Costa da Morte para concienciar aos galegos sobre a importancia da reciclaxe.
Se será a >Deputación a encargada de limpar os areais tras un inverno cheo de crebas, logo será cuestión de todos os mantelos limpos durante todo o verán.
Así, en base a este proxecto se instalarán colectores de residuos apropiados, co fin de contribuír a mitigar o impacto que o turismo exerce sobre a produción residuos nos meses estivais, obxectivo recollido no Plan de Xestión Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020.
Na seguinte táboa indícanse os concellos e areais nos que se instalarán estes colectores:
Concello | Praia |
Carballo | Razo - Baldaio – Pedra do Sal |
Fisterra | Langosteira |
Laxe | Laxe |
Muxía | O Lago - Muíños |
Ponteceso | Valarés |
Flash Mob Praia de Silgar
Máis información
A campaña “Se paras na praia, separa”, conta cunha páxina web propia, www.separanapraia.com, que se manterá activa durante os meses de verán, albergando información sobre o desenvolvemento da campaña.
Novas relacionadas
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
- Tempo de ir ás crebas.
- A única praia con dúas bandeiras.
- Este verán, a limpeza de praias corre a conta da Deputación.
- A Costa da Morte exporta Crebas a todo o país.
Fonte
- Nota de prensa da Deputación.