Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O "indignado" sector turístico reúnese en Fisterra para mellorar a atención turística

O "indignado" sector turístico reúnese en Fisterra para mellorar a atención turística

Xa vimos a preocupación do sector hostaleiro fisterrán sobre a competencia desleal e sobre todo, a falta de apoio das administracións. I é que o precario servizo de información turística que se ofrece na vila do Cristo é un lastre que os empresarios do sector teñen que superar.

Para iso, a APTCM vén de convocar unha reunión cos empresarios fisterráns logo de establecer contactos co Concello. A cita será o vindeiro luns día 11 ás 17:00h no salón de sesións do Concello de Fisterra. Nesta xuntanza analizaranse as diferentes posibilidades de mellorar este servizo e outros que tamén preocupan ao sector. Hai algunhas ben sinxelas, como dotar de internet ao segundo punto más visitado de Galicia.

Como ben recoñecen dende a entidade, "a día de hoxe, son moitos os visitantes que chegan ao Faro e despois non baixan a vila debido sobre todo a falla de información existente. Desde o sector somos conscientes de que unha mellora da información, tanto turística como empresarial, redundará moi positivamente nas empresas, non só de aloxamento e restauración senón tamén de todas aquelas que teñan algunha relación co turismo e ademais contribuirá a mellorar a imaxe da vila".

Punto de información en Razo

Así mesmo, lembran que desde o día 1 de xullo está en funcionamento un novo punto de información turística na praia de Razo, neste caso froito da colaboración entre o Concello de Carballo e a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de APTCM.

Comentarios