sábado. 26.04.2025
El tiempo

O concello de Fisterra expón as súas demandas aos organismos correspondentes

O concello de Fisterra expón as súas demandas aos organismos correspondentes
O Concello de Fisterra ten moitas necesidades en materia de saneamento O Concello de Fisterra ten moitas necesidades en materia de saneamento O tenente de alcalde de Fisterra, Xan Carlos Sar, mantivo esta semana unha reunión con membros da Axencia Galega de Infraestructuras na que analizaron determinadas actuacións con carácter urxente. Por unha banda, Sar presentou alí un informe realizado previamente pola policía local no que se dá conta da perigosidade de certos pasos de peóns do municipio. Concretamente, o departamento correspondente da Axencia Galega de Infraestructuras atendeu as peticións do concello para mellorar a sinalización e os pasos de peóns en Sardiñeiro, especialmente os da zona de tránsito do Camiño de Santiago. Neste sentido, o organismo rectificará en breve un paso de peón situado na curva de Sardiñeiro, desprazándoo de lugar e mellorará a sinalización dos restantes. En dito informe tamén se recomenda cambiar varios metros o lugar de paso do Camiño de Santiago co fin de que sexa máis seguro aos viandantes xa que existe risco de atropelos dado a pouca visibilidade do lugar. Durante a xuntanza abordouse a mellora da seguridade do Camiño de Santiago na curva de Talón onde se valora instalar máis sinalización e unhas bandas rugosas para frear a velocidade dos vehículos. Ademais dende o concello de Fisterra informan que nas próximas semanas manterán unha xuntanza con dito departamento co fin de buscar solucións á recta da Anchoa, unha das cales podería pasar pola cesión ao concello e convertela en travesía. Reunión con Portos de Galicia Por outra parte, no día de onte membros do concello mantiveron unha reunión co Portos de Galicia onde insistiron sobre a urxente necesidade de solucionar deficiencias de mantemento na zona portuaria da vila que, segundo manifestan, "está sen iluminación dende fai meses e numerosos equipamentos como farolas e bolardos sofren serias desfeitas". Nesta reunión falarán tamén sobre a previsión do contradique, anunciado nos orzamentos da Xunta para o 2016, cunha cantidade que dende o goberno fisterrán califican de insuficiente. "Entendemos que coa partida consignada non chega nin para poñer a primeira pedra, para un proxecto que no mes de febreiro, en precampaña, anunciaba o propio ente, o seu inminente inicio de contrución", asegura o tenente de alcalde de Fisterra. Neste sentido, o concello quere coñecer os motivos técnicos polos que se desaconsella unha escollera e se opta por diques flotantes de formigón, que noutros lados están sendo motivo de controversia. Augas residuais Outro dos asuntos a tratar durante a reunión foi o próximo inicio da reparación e reformas da rede de bombeo no saneamento das augas residuais do peirao, "un problema moi importante xa que nos últimos anos o seu deficiente estado fixo que acabara sendo non operativo, co seu consecuente punto de contaminación e unha das causas do deficiente funcionamento da depuradora", din dende o goberno de Fisterra. Segundo indican os técnicos municipais, con estas obras no saneamento, xunto os realizados en Sardiñeiro, avanzaríase na mellora da rede de saneamento e da depuradora, para o que aínda serán precisas actuacións en varios puntos máis de bombeo, e melloras na propia estación depuradora. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Fisterra

Comentarios