Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Concello fisterrán colocará pivotes para acondicionar a Rúa Real como peonil

O Concello fisterrán colocará pivotes para acondicionar a Rúa Real como peonil
A Rua Real de Fisterra volvera ser dos peons

Chegaba esta mesma semana, unha petición formal dos veciños de Fisterra solicitando a peatonalización do casco vello. E sen deixar pasar un minuto, o Concello de Fisterra propón o uso peonil da Rúa Real e da Praza da Constitución. A Área de Mobilidade, de feito, está a estudar a instalación duns pivotes hidráulicos que permitan accionar o acceso, mentres os residentes e locais comerciais contarían con dispositivos de accionado dos mesmos.

A proposta de acondicionar coma peonís ambos espazos de modo permanente, co acceso restrinxido a vehículos en xeral, e autorización de paso a residentes, carga e descarga, e servizos de orde e limpeza e de urxencias, vén acompañada dun calendario anual e horario no que quedaría fixado a xestión do acceso a estes espazos do casco antigo de Fisterra.

Xa enviaron os membros da corporación un escrito a residentes e comerciantes co propósito de avanzarlles as posibilidades de como facelo, de xeito que “se cause a menor incomodidade aos residentes e locais comerciais, en beneficio de mellorar e o atractivo da vila de Fisterra e potenciar o seu casco antigo”. A idea é “facilitar, tanto aos residentes que o demanden con causa xustificada (prazas de garaxe, necesidades de atención dependencia a maiores, outras que poidan darse) coma aos comerciantes (para facilitar as tarefas de carga e descarga dos seus negocios), dos dispositivos de activación de apertura dos pivotes. Do mesmo disporán destes dispositivos a policía local e outro persoal do Concello que o precisen por necesidades de atención de servizos e obras”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios