O Entroido fai tremer de novo a toda Fisterra


Xa o apuntaba Santi de Caneta, o rei do entroido o ano pasado: O Entroido de Fisterra vale un Imperio”. I é que por algo falamos do Entroido máis tradicional da Costa da Morte. Un entroido sen pelos na lingua, un entrodo no que os políticos temen pola súa integridade moral, pois as afiadas comparsas non escatiman puñais.
Así pois, un ano máis, a Praza da Constitución acollerá este entroido singular, este entroido tan local que traspasa fronteiras como o máis coñecido da bisbarra. A cita será o martes 21 de febreiro ás 18:00h, pero xa saben que dende o sábado anterior as comparsas desfilarán pola vila.
De feito, de seguro que xa están artellando os seus traxes, as súas coreografías e as súas punzantes letras.
Bases do Concurso
O concello de Fisterra recorda a todas as comparses o prazo de inscrición no concurso do Entroido fisterrán xa está aberto. A inscrición está aberta para calquera comparsa, sexa ou non do propio municipio, ata o 14 de febreiro.
Este ano os premios son de 1.500€, 1.200€ e 900€ para as comparsas gañadoras. As que non consigan acadar algún destes premios poderán optar a unha subvención de 300€. Terán 30 minutos para demostrar ao xurado (QPC espera estar de novo presente) o seu potencial, malia que de seguro que algunha se pasa...
Novas relacionadas
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.
- Entroido Buño 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.
- Entroido Cerqueda 2011: Cerqueda recupera o seu patrimonio coa gravación dunha Polafía.
- Entroido Laxe: A historia de Don Caietano.
Máis novas
- Entroido Fisterra 2010: Fisterra, Único Final do Entroido.
- Entroido Fisterra 2009: Fisterra decide os Oscars da Costa da Morte.
- Entroido Fisterra 2008: Puro teatro!.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Departamento de Cultura do Concello de Fisterra .