Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Entroido xa comezou a ferver en Fisterra

O Entroido xa comezou a ferver en Fisterra
Comezou o Entroido máis tradicional da Costa da Morte. Centos de persoas encheron a vila do Cristo para ver os desfiles de disfraces dos máis pequenos e mais as comparsas, que o martes sacarán as súas afiadas linguas para facer da retranca un arte. Xa ollamos como o venres os pequechos do CEIP Mar de Fóra xa quentaron as rúas, pero o ambientazo deste sábado fai prever que a cita do martes vai ser espectacular. Da man, como non, de Xusto Gómez, imos repasando a tarde sabatina. Foi Roberto Traba Velay, persoeiro sen o cal o Entroido non sería o mesmo na vila do Cristo, o encargado de ler o Pregón (que podemos ler embaixo). Precisamente Roberto fixo un repaso por todos os personaxes que encheron, ao longo da historia do entroido fisterrán, esa marabillosa praz. Praza, que polo entroido, troca as páxinas do seu libro e as pon en verso, facendo da rima un tesouro retranqueiro. Roberto repasou as 5 comparsas que farán as delicias de todos na cita do martes: A Casa do Mar, Dumbría Calidade, A Galería (que interarán manter o premio do ano pasado), Os Rombos e Presajeiros sen Fronteiras. A tarde continuou cos concursos de disfraces. Foi a pequena Marta, vestida de avoiña costeira, a gañadora ao mellor disfraz individual. Lucía e Alberto fixeron o propio no premio de parellas, e os Bichos do Cabo da Vila gañañor o premio ao mellor Grupo. Andrea, dos Servizos Sociais do Concello, entregou os premios. E o peche de festa xa ten nome propio en Fisterra. O trío de pinchas Fisterra´s House Mafia teñen á vila namorada da músicas electrónica.

O Pregón de Roberto Traba

Fisterráns e fisterranas o entroido xa está aquí. Xentes que vides de fóra e que estades por aí, non oídes polo aires así como un tatarí de cincocentas trompetas que se esconden por alí. Non escoitades veciños o redoblar do tambor e risas doutros anos que nesta praza o redor saían das nosas gorxas debido a que tanto actor viña criticar mil cousas como un cid criticador Fisterráns e fisterranas, ben podes sentirte orjulloso porque por toda esta baixa pouco inxenio hai como o noso e que aquí inventan parodias ou coplas calquera mozo sobre o tema que lle botes cantando la tire al pozo. Aquí onde agora estades permitídeme que vos conte: falei co mesmo Colón e con Robin Hood do monte e máis con Luis XVI que miraba o horizonte como un xedrez humano aparecía na fonte. Aquí nesta mesma plaza guerreou Tutankamón torearon mil toreiros dispararon os cañóns os do norte e do sur e houbo hasta maricóns que nos fixeron reir non un pouco, un mogollón. Aquí nesta mesma praza da tele chegou Mulan e jipis comendo anchoas canívales sin Tarzán Lucky Lucks e máis piratas volvoretas, alacráns moros moras e pitufos charlestón e charlestán. Fisterráns e fisterranas ben vos poudedes loubar de tanta boa ironía que o martes ides mostrar pois ese e a diferencia que temos neste lugar cando nos chega o antroido poñémonos a rimar. Neste ano 2011 teremos para empezar a primeira das comparsas que irá en primer lugar no son nada recatados gústalle parrandear e a comparsa de comparsas e son ... A casa do mar. Dende lonxe e moi lonxe desde unha grande cidade chéganos unha comparsa que xa é unha realidade; saben de lacon con grelos e mais de orellas de frade porque son de terra adentro son Dumbría Calidade. Os terceiros que na praza actuarán con alegría son un grupo escachapedras que fai festa todo o día teño que decir que os quero e que eles me teñen mania pois sempre os estou abroncando a comparsa Galería. Outra histórica comparsa que fai numeros redondos leva moita xuventude e nos fai reir de abondo criticao todo na plaza con humor e moi bo fondo e a que sale do muelle e a comparsa dos Rombos. E por último xa quedan os da comparsa cañeira que non traballan en nada e solos lles gusta a feira sempre andan con tambores no muelle ou na carrasqueira e teñen a gala chammarse Prejaseiros sen fronteiras. Quedan pois todas nombradas a ver o martes que fan oxalá non faga frío non sei o tempo que dan pero quérovos dicir que pensei esta mañá ir pedirlle o concello un entroido de verán que vaian tomando nota e facendo presuposto que non creo que facelo lles supoña un grande costo non me dijades amijos que un carnaval de agosto non sería cojonudo e exitoso por suposto E con esto, cabaleiros e con esto, mamuaseles o pregón vou acabando pra ir de festa con eles déixovos con un jrupillo de tres mozos churumbeles que teñen nome de mafia pero son tres chuchameles.

Máis información

Poden ollar todas as propostas para este Entroido 2011 en www.axendacostadamorte.com.

Máis fotos

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios