Domingo. 16.06.2019
El tiempo

O Fisterra Blues Experience traerá á fin da terra os sons máis auténticos do Atlántico

O Fisterra Blues Experience traerá á fin da terra os sons máis auténticos do Atlántico
A presentacion no Faro do Fisterra Blues Experience A presentación no Faro do Fisterra Blues Experience foi en clave musical, como non podía ser doutro xeito

Un festival de blues na Costa da Morte? Pois si. Emocionouse o Concello de Fisterra ante a proposta de Javi Turnes, o noso bluesman de adopción, e aí está en marcha xa o Fisterra Blues Experience.

Un festival con todas as letras que traerá o mellor do blues galego, nacional e internacional, con dous días de concertos e unha manchea de actividades paralelas durante os venres 30 de xuño e sábado 1 de xullo.

“A idea é que non sexa só concertos, senón enchelo de contidos, como obradoiros para a mocidade, un roteiro gastronómico, unha feira de artesanía e mesmo viaxes en barco con música blues en directo”, explícanos o propio Turnes, mestre de filosofía no IES Fernando Blanco e alma da banda costeira-compostelá Bakin’Blues. Queremos que sexa unha alternativa de ocio tanto para a xente de aquí como para todo tipo de visitantes, e vanse distribuir as actividades por varias zonas, centralizando a actividade musical na praza da Constitución, pero tamén con varias sesións vermús en clave de pasarrúas”.

O Fisterra Blues Experience chega para quedar, e faino co afán de “xerar comunidade”, un sentimento de polinización que tanto lle presta a este polifacético filósofo. “Intentaremos lanzar un discurso do blues que non sexa algo puramente rollo Chigado. Queremos que nos dea unha sensación de mar e que sirva para conectar a través do Atlántico, África e o sur de Europa con EEUU”, apunta o promotor.

Na presentación do Fisterra Blues Experience estiveron o alcalde de Fisterra Jose Marcote, a Concelleira de Cultura Teresa Fernández; Javi Turnes o director artístico, o teniente de alcalde Kuka Sar, e os membros da Bakin'Blues Band Lucas Ferrández e Ale Casquero Na presentación estiveron o alcalde de Fisterra Jose Marcote, a Concelleira de Cultura Teresa Fernández; Javi Turnes o director artístico, o teniente de alcalde Kuka Sar, e os membros da Bakin'Blues Band Lucas Ferrández e Ale Casquero

Un marco inmellorable

Un evento para un territorio no que a paisaxe, a natureza, o patrimonio e a gastronomía se unen á música cun cartel no que se mesturan artistas internacionais e locais. Lugares como a Praza da Constitución serán claves, pero compartirán protagonismo con ese mar polo que se desenvolverán varios viaxes en barco con música blues en directo. Unha experiencia inigualable.

Grandes bandas

Bandas do Fisterra Blues ExperienceCartel do I Fisterra Blues Experience 2017

A primeira edición dese festival terá como cabeza de cartel a unha lenda vida do swamp blues (blues do pantano), Lazy Lester, que chega desde Louisiana acompañado pola súa banda en España, Lazy Boots. Autor de clásicos que foron versionados por grandes grupos como The Kinks, é toda unha experiencia velo nos seus directos, onde segue a congregar fans de todo o mundo, co seu inconfundible estilo.

Desde Estados Unidos tamén chega Greg Izor, unha das potencias emerxentes entre os harmonicistas de blues, que mestura sons de Louisiana, Chicago e Texas, cun estilo persoal, tradicional e fresco. Lidera varias formacións ademais da súa banda principal en Austin, The Box Kickers. Desde hai anos, tamén é frontman dos lexendarios Anson Funderburgh & the Rockets. Estará acompañado polo vasco Iker Piris (Tolosa, 1979), líder de The Romanticos, que conta con tres discos no mercado e participou nos principais festivais europeos de blues.

Outro dos puntos fortes será a banda residente do festival, a Fisterra Blues Experience House Band, creada en Madrid expresamente para este evento e presentada na sala Intruso de Madrid o 31 de maio.

Pola banda galega chegan os Bakin’ Blues Big Band liderados polo propio Turnes, que xa teñen a súa lexións de fans na bisbarra.

E, por último, tamén participarán Sabela King & The HeartBreakers, o trío formado por Sabela King, Ramón Figueira “Figui” e Benjamín Vázquez. Estilisticamente móvense entre o blues, o country e o soul dos 50 e dos 60, adaptando versións dos clásicos destes xéneros e temas actuais a un formato reducido.

A primeira edición deste Fisterra Blues Experience, promovido por Javi Turnes, está organizada polo Concello de Fisterra, coa colaboración da Deputación da Coruña, da Sociedade de Blues de Compostela e a Sociedad de Blues de Madrid.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Javier Turnes en “A Escarpadura”

Outras novas

Fonte

Comentarios