Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Museo sen luz

O Museo sen luz
Museo da Pesca de FIsterra

O Museo da Pesca de Fisterra é un verdadeiro tesouro patrimonial. Non só por estar na privilexiada ubicación do Castelo de San Carlos, nin por contar cun guía de auténtica excepción. Senón porque é o único museo da zona que explica, e dun xeito máis que auténtico, un dos meirandes motores económicos da nosa historia.

Seguen chegando, non tanto como hai 3 ou 4 anos, turistas e peregrinos ávidos de coñecer a realidade social costeira e galega. E como nos conta o bo e Alexandre Nerium, guía e alma deste castelo, saen ben contentos. I é que non hai máis que acodir un día para aprender unha marea de cousas e disfrutar coa emoción coa que este home fala do mar. “Nós intentamos explicarlle o que costa traballar no mar. E é unha satisfacción cando saen comentando iso de “Y decimos que el pescado es caro. Cuando coma navajas voy a recordar lo que nos contaste”, apunta Alexandre orgulloso, que destaca que este ano os italianos están superando aos alemáns, e que os estadounidenses seguen medrando, pero que así e todo, os estranxeiros son só un 20%.

Pero non está sendo nada fácil nos últimos tempos. Alexandre practicamente é un náufrago en terra. A xestión do Museo cada día escasea máis. De feito, puidemos saber por outras fontes que o museo leva máis de 2 semanas sen luz… Un problema que afecta a moitas das pezas do museo pero sobre todo aos baños, nos que os turistas teñen que acodir a escuras. Esperan solucionalo canto antes.

Unha problemática que deixa o museo coxo, e deixa unha imaxe moi precaria, a mesma que deixa o Faro Fisterra, o meirande foco de atención da Costa da Morte, sen panfletos informativos, sen mapas, sen internet… Dous puntos claves do turismo costeiro, ambos xestionados pola Asociación Neria.

”Hai que coidar o patrimonio se queremos que a xente veña”

Parece algo evidente, pero hai que dicilo claramente. “A xente, se non ten nada que ver, marcha”. Así de claro, polo que “temos que coidar o patrimonio”. O problema está claro: “As administracións pecharon a villa, e non hai que ver que outros edificios emblemáticos como as Torres do Allo só abren agora 2 meses”.

Alexandre preocúpase pola que xa é a súa casa, e sabe que o Museo quedase sen luz en inverno a cousa sería diferente. Tería que pechar consciente de que “se deixas esto un ano pechado, cando volves é unha selva. Aos ordenadores cómeos o salitre e o xardín sería moi complicado de recuperar.

É claro: “A situación é catastrófica, é unha pena que temos todo esfolado, pero hai que aguantar”. Eso si, apunta alto para atopar a solución. “Esto ten que ser unha revolución conxunta, dende os comercios, os restaurantes, os puntos patrimoniais… todos temos que informarlle á xente de todas as posibilidades que temos, para que fiquen aquí”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios