O pobo de Fisterra xa está volcado coa Semana Santa


Xa está Fisterra sumerxida de cheo na Semana Santa, esas festas de Interese Turístico Galego que multiplican por 4 a poboación fisterrá. Ata 20.000 persoas espéranse, por exemplo, o Venres Santo, pero ata que cheguen os días grandes, son os veciños e membros das Confrarías (arredor de 2.000 persoas están vencelladas cos tributos) os protagonistas. "Estes días hai un pequeno parón pero só para os vistantes, nós son os días que máis traballamos", recoñece o poravos da Xunta de Confrarías Javier Trillo.
Dende o pasado venres o programa litúrxico estase a desenvolver sen demasiados percances. Comezaba con algo de chuvia o venres na Procesión das Dolores. Unha chuvia que non impedía que a Virxe saíse á rúa, pero o percorrido foi máis curto do estimado para evitar longas molladuras. Iso si, non permitiu que lucise ben o manto, pois houbo que protexelo cun plástico.
Esa chuvia, en todo caso, vale tamén para demostrar o espírito estoico desta festas. "Sempre estamos pendentes da chuvia, e por iso temos que decidir no último momento, pero por agora todos os actos previstos puideron desenvolverse".
Tamén choveu na peregrinación dende a Igrexa de Cee ata a de Fisterra, o que provocou que algunha xente non acudise. En todo caso, case 200 persoas acompañaron á procesión. "Dende Corcubión ata Talón choveunos a mareas, chegamos empapados", cóntanos Javi, dando conta da valía destes feligreses.
Non aparaceu o líquido elemento no Domingo de Ramos, para celebrar a coñecida Borriquita, que estreaba imaxe o ano pasado para representar a Procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalém. Centos de veciños de toda a comarca encheron as rúas dende a Capela do Bo Suceso ata a Igrexa de Santa Marías das Areas.

Pola tarde houbo festival de Danza e música galega organizado pola Xunta de Confrarías, e tamén bastante xente no peirao fisterrán.
Vindeiras citas
As procesións retómanse o mércores, co Vía Crucis a partir das 18:30h, e a xente xa ten tamén gañas de verbena, que queda para a fin de semana.
Boas previsións
Máis alá do tempo, que cada día cambia a previsión, Fisterra está pendente da hostelería. O propio Trillo sinala que "falando cos hostaleiros cóntannos que xa teñen cheo dende hai tempo para estes días, asi que hai boas previsións de visitantes".
Novas relacionadas
- A Semana Santa de Fisterra xa ten as súas orquestras.
- A Semana Santa de Fisterra xa ten programa e vídeo promocional.
- Festas do Cristo 2015: Fisterra estreou con gran éxito a nova imaxe da Borriquita no comezo da Semana Santa
- Fisterra, un pobo enteiro volcado coa súa Semana Santa.
- A Semana Santa de Fisterra foi distinguida por manter vivas as tradicións seculares.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Festas do Cristo 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- Festas do Cristo 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama “montou un bo cristo” en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: “A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
Outras citas para Semana Santa
- Muros prepara unha Semana Santa de artesanía, risa e devoción.
- Carnota prepara unha Semana Santa chea de artesanía e deporte.
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).