Martes. 23.04.2024
El tiempo

O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra

O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra
Procesion na Semana Santa de Fisterra-Foto-Noemi Insua

Non frea a Semana Santa de Fisterra. Esta Festa de Interese Turístico Nacional (busca Fisterra convertirse en Internacional como as veciñas Ferrol e Viveiro) segue demostrando o seu tirón, e volveu convertirse nun dos destinos máis escollidos polos veciños e turistas de toda Galicia. Máis dunha semana de procesións cheas de devoción e entrega, e unhas festas espectaculares, dan conta da relevacia destas datas na Vila do Cristo, vivas dende o século XV.

I é que precisamente é o pobo fisterrán o que mantén tan viva esta festa. Ver a cada fisterrán engalanado, ben sexa cos traxes relixiosos dos costaleiros ou dos peregrinos, ben sexa co traxe e corbata dos veciños que simplemente se visten de gala para as festas máis importantes do ano. A entrega do pobo, dende os máis vellos (xa hai quen leva máis de 40 anos) aos máis novos (a mocidade tamén se involucra), fan do Santo Cristo de Fisterra unha cita única.

Coma sempre, a cita máis multitudinaria, ademais da actuación da Panorama, foi a representación da resurrección de Cristo, pioneira en Galicia. Na mañá dominical, milleiros de persoas se achegaron como puideron ata as inmediacións da Igrexa de Santa María das Areas, pois os atascos foron nota constante. E disfrutaron dunha representación que cada ano mellora en dinamismo, e este curso chegaba cun novo anxo, a pequena Carla, dando conta de que a festa ten acanteira asegurada. Os que quedaron, disfrutaron ademais da Danza de paus, que segue existindo dende o século XII.

Xentes na procesion da Semana Santa de Fisterra-Foto-Noemi Insua

Procesións e verbenas

Tan galega como a tradición é a troula, e así, a mestura de procesións e verbenas faise realidade na fin da terra, pero sempre combinando correctamente, pois ata a noite do sábado, xa co Cristo resucitado, non hai música. De feito, a chegada da Panorama esta noite dominical foi todo un espectáculo de luz e cores, e o pobo aínda agarda á verbena do luns, a cita máis local na que máis disfrutan os veciños, xa co traballo feito.

Traballo feito despois de 10 días completos de procesións, e moitos meses de preparación. I é que rodas as escenas da Semana Santa escenifícanse na Semana Santa de Fisterra. Dende o venres das Dolores, ao Domingo de Ramos, á Paixón pasando pola última cea. Todas as escenas bíblicas están representadas polas difrerentes confrarías, que este ano estiveron máis unidas que nunca a través dunha activa Xunta de Confrarías que serve para coordinar mellor as festas e a súa comunicación. A unidade fai a forza.

Semana Santa de Fisterra-Foto-Noemi Insua Semana Santa de Fisterra-Foto-Noemi Insua

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios