Venres. 29.03.2024
El tiempo

O saneamento de Sardiñeiro estará funcionando o vindeiro mes

O saneamento de Sardiñeiro estará funcionando o vindeiro mes
Un técnico de Augas explica a José Marcote, Ethel Vázquez e José Traba a estrutura do saneamento de Sardiñeiro Un técnico de Augas explica a José Marcote, Ethel Vázquez e José Traba a estrutura do saneamento de Sardiñeiro

Esperemos que non sexa unha desas depuradoras recén abertas e que non funcionan. Recibía a vila fisterrá de Sardiñeiro o pasado venres unha visita institucional para recordar os traballos de saneamento, tan necesarios, realizados na rede separativa da vila.

Veñen de realizarse tres actuacións que supoñen un investimento de case 1,2 millóns de euros (aportadas pola Xunta, polos fondos Feder e por Augas de Galicia) para solucionar as deficiencias detectadas na rede de saneamento de Sardiñeiro de Abaixo executáronse 7 colectores cunha lonxitude de case 900 metros.

O núcleo de Sardiñeiro de Abaixo contaba cunha rede de saneamento separativa e cuns colectores moi deteriorados debido á súa antigüidade, que presentaban filtracións. Tamén sucedía que noutras zonas, nas que o saneamento era unitario, estaba conectado á parte máis baixa do colector, polo que en épocas de chuvias producíase unha achega de augas limpas á rede, o que dificultaba o funcionamento da rede e da Edar.

Saneamento das rías: prioridade?

Curioso é, porén, ler liñas nas notas de prensa da Consellería de Medio Ambiente (que por certo, esta fin de semana cambiou de responsable e agora tócalle o turno á ex responsable de Traballo, Beatriz Mato, nun claro exemplo de que non importa coñecer o campo de traballo no mundo da política), que "o saneamento é unha prioridade", cando levamos anos e anos pedindo unha verdadeira recuperación da ría de Corcubión sen solución algunha.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios