O sector hostaleiro de Fisterra tamén está "indignado"

10:54 13/06/11

"Indignados", por Martín Canosa
É un pracer ver que España, por unha vez, non sae no NY Times ou no Le Monde polo paro, a débeda ou o terrorismo. Afortunadamente esta xeración espertou, farta deste sistema integrista, dos seus políticos, dos seus bancos, etc... Tamén en Fisterra, o sector turístico debería prantexarse unha sentada ou algo semellante, ante unha situación vergoñenta e insostible. Un esperpento non só para Fisterra senón tamén para Galicia e España. Na época de internet, cando os empresarios temos que invertir miles e miles de euros en publicidade na rede, resulta que en Fisterra contamos cun tesouro totalmente desaproveitado e tirado. Milleiros de peregrinos chegan de todas partes do mundo e cunha característica común: todos eles están ávidos de información. Unha situación normal, o chegar a un sitio descoñecido e tratar de saber onde pode un comer, durmir ou sacar o billete e bus. Os empresarios levamos unha década solicitando unha triste caseta de información, como se se tratara do AVE Madrid-Galicia, ou unha autovía... É moi triste traballar no turismo e comprobar que americanos, europeos, asiáticos... só levan de Fisterra as súas fantásticas paisaxes grabadas na retina e unha triste fotocopia, que é o facilita este concello. Unha grande oportunidade desperdiciada día a día de levar as empresas de Fisterra a todos os recunchos do mundo, de captar futuros visitantes, só polo triste feito de non querer, si, de non querer atenderlos. Por non falar do resto da situación:- O lamentable estado do entorno do Cabo e o seu acceso.
- Nin unha Bandeira Azul nin unha Q de Calidade nas nosas praias.
- Ano 2011 e sen unha triste guía turística.
- Autobús Santiago-Fisterra: 3 horas!!!! ... etc.
- Artigo de Martín Canosa, de Viajes Brigantia.
Novas relacionadas
- O sector da hostelería segue denunciando a competencia desleal.
- APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector.
- A Plataforma fisterrá enviou un comunicado a Patrimonio pola conservación do Monte do Cabo:
- O sector hostaleiro de Fisterra volve á carga contra a "piratería" .
Necesidades do Camiño
- Necesidades do Camiño (IV): O estado das pistas .
- Necesidades do Camiño (III): A sinalización .
- Necesidades do Camiño (II): Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)