![O vindeiro sábado os veciños e veciñas de Fisterra teñen unha cita coa compañía de teatro Daboapipa]()
O sábado os veciños e veciñas de Fisterra teñen unha cita coa compañía de teatro Daboapipa
O teatro e os obradoiros serán as principais convocatorias que o departamento de cultura do
concello de Fisterra ten preparadas para este mes de outubro. Unha das primeiras actividades que se levarán a cabo é o
taller de cabezudos, destinados a veciños e veciñas maiores de 18 anos, e no que se elaborarán un total de 10 cabezudos para empregar durante o nadal, antroido e nas festas da vila. Os interesados poden inscribirse antes do próximo 23 de outubro. As clases terán lugar os luns en horario de tarde.
Outra das actividades previstas para este outono e que se enmarca dentro do programa "Trasmallos de Cultura" é o
obradoiro literario destinados a nenos e nenas de 6 a 12 anos e que se organiza xunto cos centros educativos de Fisterra. Actualmente son máis de corenta os alumnos que participan neste obradoiro que imparte Suso Bahamonde, poeta e narrador.
Por outra banda, este sábado terá lugar a obra de teatro
"Historias de vida, guerra, amor e case morte" interpretada pola compañía Daboapipa. A cita, dirixida ao público adulto, é as sete da tarde no salón de actos do concello de Fisterra.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Fisterra