O venres volve abrir o Museo da Pesca con Alexandre Nerium á fronte


Anda o Concello de Fisterra ultimando detalles para a reapertura do Museo da Pesca no Castelo de San Carlos. Despois dunha difícil travesía con poucos recursos, e dunha campaña social xerada para mantelo vivo, o Concello facíase ca concesión hai apenas unha semana, tempo que lle servíu para ultimar certas melloras, sobre todo no xardín, para poder abrir.
Así, este venres 5 de agosto, os visitantes xa poderán visitar este senlleiro museo, e escoitar as historias salgadas de Alexandre Nerium, que volverá ser o guía e o alma do museo.
Haberá algunha novidade, como a incorporación, nas vindeiras datas, dunha pequena embarcación recreativa feita hai case 50 anos, toda en madeira por un dos carpinteiros de ribeira de renome do Ézaro. O bote era dun biólogo italiano que pasou moito tempo pola zona estudando aos paxaros da Costa da Morte.
O Concello está tremendamente contento por devolver a vida a este museo e cando chegue o instalarán na parte de fóra.

Horario
- De xuño a setembro: de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.
- O resto do ano: de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h.
De momento no se vai cobrar entrada, ata que se poidan realizar os trámites burocráticos, que poderían levar ata outubro.
Novas relacionadas
- Xullo 2017: O Concello de Fisterra asume a xestión do Museo da Pesca.
- Xuño 2016: A comunidade cultural galega envórcase co Museo da Pesca de Fisterra.
- Xuño 2016: O eterno peche do Museo da Pesca de Fisterra.
- Xuño 2016, Miro Villar: O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- Febreiro 2016: A Deputación intentará reflotar o Museo Seo de Corcubión.
- Marzo 2015: Contra o pasamento do Museo Seo de Corcubión.
- Marzo 2016: Xa son 5 os Concellos que abandonan a Asociación Neria.
- 2014: O Museo sen luz.
- Novembro 2014: A Neria, en quebra.
Fonte
- Redacción da QPC (info@quepasanacosta.com).