Os Cybermentores do IES de Fisterra reciben o premio de Educa Barrié
Non para de recibir premio o IES Fin do Camiño polos seus traballos integradores. E non é de extrañar polo compromiso dos seus proxectos. Estivemos o curso pasado volcados co maratón de sangue #FisterraDoa, e mais co proxecto de Cybermentores, no que un grupo de 15 alumnos do centro fisterrán, tratan de servir de guía pola rede.
Axudados polos mestres Iván Bueno (Informática), Javier García (Orientador), Patricia Santalla (Lingua castelá) e Cristina Ledo (Tecnoloxía), o grupo de alumnos crearon este servizo escolar de apoio entre iguais para atender problemas relacionadis coa xestións das relacións interpersoais que establecen os adolescentes nos contornos virtuais e cando utilizan os dispositivos móbiles.
E triunfaron os vídeos da Cybermentoría que artellaron para guiarnos polo mundo virtual, conseguindo un dos premios a proxectos escolares da Fundación Barrié, na súa convocatoria de Proxectos Escolares.
De premio en premio
E non é o primeiro que reciben os alumnos fisterráns. Polo seu traballo en Convivencia Escolar o IES foi recoñecido co 3º Premio Nacional de Buenas Prácticas para el Impulso y la Mejora de la Convivencia (2010). Ademais, tamén ten un premio accésit aos Premios á innovación educativa 2014 (FETE UGT), e foi Finalista Autonómico del Premio de Acción Magistral no 2011 e Finalista Nacional do mesmo premio na edición do 2014.
Novas relacionadas
- Un Maratón de Sangue consegue un 50% máis de doazóns en Fisterra.
- O Instituto tamén aprende a ser solidario.
- Os alumnos cybermentores do IES Fin do Camiño promoven a doazón.
- O IES Fin do Camiño faise especialista en convivencia postivia:
- O IES Fin do Camiño recibe en Madrid un premio pola súa coa convivencia.
- Os alumnos de Fisterra, Cee e a Ponte do Porto reciben un 100% de desconto en conflitos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).