Os pequenos da Costa riman a ritmo de hiphop
Xa pasou por Fisterra (aquí tedes a proba), e o obradoiro de Titerehop segue espallándose pola bisbarra. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida aos adolescentes de 13 a 17 anos, centrada no uso da lingua galega dentro da música hip-hop, que se desenvolve en concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, que ten coma finalidade primordial asociar lingua galega e música moderna.
A actividade conta de tres partes, un obradoiro de música hip–hop impartido por García MC, membro do grupo galego Dios ke te crew, un obradoiro de expresión plástica impartido por Viravolta títeres, e finalmente a posta en escena co monicreque do traballo feito no obradoiro de hip-hop. Todas as interpretacións, acompañadas dunha base musical, será colgadas no sitio web titerehop.wordpress.com.
Obradoiro de hip-hop, Títerehop, no Concello de Muros
Esta terá lugar no aula de danza San Xosé ás 20:00 h o sábado 2 de xuño, e nela poderán participar todos os rapaces que queiran, só teñen que realizar a inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do concello a través do teléfono 981 762 294 ou do correo-e: [email protected]
Ademais outro proxecto que tamén percorre a bisbarra, "O señor das dunas", estará o domingo 17 de xuño ás 20:00 no auditorio municipal muradán, actividade impartida pola editorial Galaxia que vai dirixida ao público familiar que combina a animación con area, teatro e oralidade. Os asistentes recibirán como agasallo un libriño cos contos que escoitaron durante a actividade.
E finalmente a proposta "Galego de cine", fará o propio o sábado 23 de xuño ás 10:30 da mañá no Curro da Praza, dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos; trátase dun proxecto itinerante para visionar contidos audiovisuais en galego dentro dunha caravana, e de participar nunha serie de actividades que lles permita ter un papel activo dentro do cinema galego. Os resultados poderán velos nunha canle de youtube. A empresa Mr. Mistos Films será a encargada de impartir esta actividade.
Fin de semana cultural en Fisterra
Precisamente estas proposta xa pasaron por Fisterra a pasada semana. Tanto o O señor das dunas" coma "Galego de cine" estiveron cos cativos fisterráns. Os rapaces realizaron a actividade audiovisual e crearon o seu propio video que despois amosaronlle os seus pais.
Novas relacionadas
- O uso das novas tecnoloxías non ten idade.
- Mediando conflitos dende Fisterra.
- A gardería de Mazaricos abrirá a finais de ano, a de Carnota a finais de verán e a de Muros licitarase en breve.
- Esteiro enteiro aprende informática.
- Muros terá o seu Castelo Rock!.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.