Luns. 22.04.2024
El tiempo

Os pequenos regatistas de Fisterra xa surcan a ría

Os pequenos regatistas de Fisterra xa surcan a ría

Comezou o Curso de Vela de Verán que o Concello de Fisterra e a Deputación artellan da man da Escola de Vela Cataventos, de Corcubión. Preto de 40 nenos da comarca da Costa da Morte xa se forman no deporte de vela, e coñecen así un medio tan achegado como é o mar.
Será unha semana, curta pero intensa, na que os pequenos fisterráns xa se convertirán en grumetes.

Uns cursos de verán que desde a Federación de Vela recordaron que son o“embrión de moitos dos clubes de vela que teñen os concellos da provincia actualmente”.
“Aquí, en cursos como estes, comeza a afición e o amor pola vela. Agardo que non sexa máis que o principio e que xa non poidades deixala, xa que en Fisterra contades cunhas condicións naturais inmellorables para a práctica deste deporte”, asegurou Calvo.

O Mar na Escola

O alcalde de Fisterra agradeceu ante o presidente provincial o apoio do ente a este deporte “clave na comarca” e recordou que “en Fisterra estamos levando este deporte ás escolas, porque pensamos que a formación é clave para o desenvolvemento desta actividade no concello”. “Estase creando en Fisterra todo un referente no deporte da vela, un logro que débese en gran parte ao material de navegación que cede a Deputación”, explicou Traba.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Fisterra.

Comentarios