xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os temporais poñen nunha situación límite á flota de pesca artesanal

Os temporais poñen nunha situación límite á flota de pesca artesanal
Case dous meses levamos en Galicia enganchando un temporal con outro. Ademáis dos numerosos danos materiais que se están a sufrir tanto na costa como no interior da bisbarra, desde ASOAR fan unha chamada de atención sobre os efectos que a climatoloxía está a ter na flota artesanal da nosa Comunidade. E é que a estas alturas, os ingresos nos petos dos mariñeiros son mínimos, ante a imposibilidade de sair faenar. Os datos das lonxas de baixura dos últimos dous meses son desoladores, unha situación que se ve agravada nos últimos meses coa suba de taxas, prezos públicos e impostos que os pequenos armadores teñen que asumir. Subidas estas como a das tarifas do Marpol que os armadores abonan pola recollida de aceites nos portos, as tarifas que abonan pola luz dos muelles, as taxas de renovación de títulos profesionais, ou o caso da subida do servicio de remolque por Salvamento Marítimo que nalgúns casos a supera o 300%. Ademáis da Tarifa X4 que á que Portos lle cambiou o sistema de aplicación e que segundo nos din desde ASOAR, "existen casos nos que a base impoñible utilizada para o cálculo da taxa, nun mes, triplica os ingresos que a embarcación obtivo do producto transportado e finalmente vendido". Dende Asoar-armega lanzaron unha petición para a revisión desta tarifa e que se volva aplicar segundo o sistema anterior ou que se aplique sobre o valor da venda real do producto transportado. Nesta mesma petición tamén se pide a revisión de taxas e prezos públicos que se foron incrementando e que poñen en situación límite aos pequenos armadores "a piques de afogarse nun futuro cada vez menos esperanzador".

Novas relacionadas

  • A Costa da Morte presente na nova Plataforma de Pesca Europea Artesanal LIFE.
  • A pesca que non se comercializa, do mar de Camariñas ás familias necesitadas.
  • ASOAR denunciará na Comisión Europea polo inxusto Plan de Xestión do Polbo.
  • Fonte

    • Nota de prensa ASOAR - ARMEGA

    Comentarios