Os Trovadores Rapacollóns revolucionan Fisterra
15:00 08/04/16
Os trovadores da Rapacollóns Big Band, están revolucionando a vila do Cristo e animarán á SD Fisterra en Ara Solis-Foto-JP
"Paresedes a tropa dos Rapacollóns". Así berraba Herminia de Planchete, a avoa de Bebeto (o fisterrán) á algún grupo de xente que andaba pola vila do Cristo algo desordenada ou esfarrapada. Unha expresión que aínda utiliza o seu fillo, e tío de Bebeto, Manín, cando nos adestramentos algún dos seus xogadores peca de vagonetas.
Unha expresión que lles vale aos brincadeiros fisterráns para preparar unha boa festa, co gallo da visita do Mazaricos ao campo do Ara Solis. I é que como sempre dicimos, o Fútbol da Costa trascende o mero deporte e xa é, dende hai tempo, un acontecimento social.
Ben sabemos que en Fisterra, as coplas non quedan só no Entroido. Os fisterráns son copleiros por natureza, e non poden estar todo ano agachando a flauta e esperando para sacar unha boa rima. Levaban meses nas redes sociais lanzándose versos en ton “vacilón”, e agora trasladan ese ánimo de “rapacollóns” a un blog, blogtrovador.wordpress.com.
Un blog de cor verde (levado polos xogadores e ex membros da familia, Bebeto, Roa, e Skio) onde a súa SD Fisterra natal ten claro protagonismo, e máis nestas datas onde o barco capitaneado por Adrián Makaay viaxa camiño de cotas excelsas.
A pasada fin de semana estreáronse en San Andrés, onde a SD arrebatou o liderado ao Sporting Zas ante 400 persoas. Aí estiveron dándoo todo os membos da charanga "Rapacollón's Big Band”, bombo en man, tirando de coplas.
Pasou o viernes Santo
e non houbo procesións
Mais iso no é excusa
para a tropa dos Rapacollóns.
Sairán esta noite
e aguantarán o chaparrón
os trobadores da ialma,
os magos do corazón…
#Sambaiscoming
Agora, a banda, comandada por Jesusiño De Cuello, Borja da Micha, Roa, Eddy, Noé da Micha, Dudo de máquinas, Xáco, Didier, Jose María, Disi e Bebeto, xa ten armado unha tremenda para encher Ara Solis este domingo, ante a visita do Mazaricos. Pode ser un partido clave para repetir o último título, o da Liga da Costa 2001/2002, e volver á 1ª Autonómica despois do seu efímero paso na 2012/2013. A quedada será ás 16.00h no río da Mixirica (se chove no pavillón), e parece que serán capaces de mobilizar a media Fisterra, literalmente. De aí enfiarán a costa da Atalaia, a ritmo de Samba, para irse achegando ao campo de fútbol, onde se vivirá unha verdadeira tarde do máis puro Fútbol da Costa. Esoitaráse aquelo de… E que digan, mentras quentan, os nosos xogadores, Aí ven a nosa xente Xa se oen os tambores!!Ahhh, estade atentos ao blogtrovador.wordpress.com que antes do partido haberá sorpresas...
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).