Luns. 06.05.2024
El tiempo

Os veciños de Fisterra e Sardiñeiro xa poden ver a TVG reorientando as súas antenas

Os veciños de Fisterra e Sardiñeiro xa poden ver a TVG reorientando as súas antenas

Falabamos onte do mal que se ve a TDT na Costa da Morte. Curiosamente poucas queixas chegaron dende Fisterra, onde descubrimos que non vén a TVG dende o apagón analóxico hai case que un ano.

Pois ben, dende onte xoves, os veciños de Fisterra e Sardiñeiro terán que reorientar as súas antenas, xa que os técnicos estiveron traballando para mellorar a siñal no reemisor de Redonda (Corcubión). Deste xeito, o devandito reemisor pasará a emitir a TVG, cousa que ata de agora non era posible en debandito reemisor.

Así, os telespectadores dos núcleos de Fisterra e O Sardiñeiro deberán reorientar as súas antenas en dirección 70ºN en polarización vertical (a antena apuntando en dirección Corcubión e coas variñas en vertical respecto do chan), así como volver sintonizar os seus equipos receptores de TDT. En caso de dúbida, os veciños poden poñerse en contacto coa Oficina TDT no número de teléfono 981 54 12 46 ou consultar cun técnico instalador de telecomunicacións.

Quepasanacosta, con esta sinxela explicación trata de facelo máis sinxelo para os sus lectores o poder reorientar as antenas.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios