Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os veciños de Fisterra implícanse na restauración dos seus 15.000 libros abandonados

Os veciños de Fisterra implícanse na restauración dos seus 15.000 libros abandonados
Veciños e as restauradoras da Igrexa implícanse na recuperación dos libros esfolados de Fisterra-Foto-Darío Gómez Veciños e as restauradoras da Igrexa implícanse na recuperación dos libros esfolados de Fisterra-Foto-Darío Gómez

Segue sendo Fisterra, unha das poucas vilas galegas sen Biblioteca Pública. Pero material hai para encher unha enteira. Así o están comprobando os novos membros do grupo de goberno e os veciños, que estes días estiveron participando na limpeza e restauración dos libros do arquivo fisterrán.

Calculan que pode haber 15.000 libros, boa parte esfolados pola humidade, entre os que hai na oficina municipal (arredor de 3.000), os que hai na oficina da Agraria de Hermesuxo (uns 8.000 libros ou 10.000, con caixas que chegan a unha altura de máis de 1,80 metros) e os do almacén da Rúa Patrias que aínda non puideron comprobar.

Por iso, o Concello facía unha chamada á veciñanza, para que “meta unha man” e axude na súa restauración. Hai máis de 40 persoas apuntadas para axudar, e ao longo do día de hoxe xa pasaron unhas 5 pola mañá e outras 10 pola tarde para ir permitindo que os libros respiren e vaian perdendo humidade.

Pero fan falta tamén voces expertas e aí estiveron moi participativas as dúas restauradoras da Igrexa, que están facendo un traballo imprescindible. De feito, aconsellaron que o primeiro que hai que facer é catalogar todos os libros, porque os que están moi mal poden “contaxiar” ao resto, e hai que facer un bo inventario para ver que se ten salvar por diante.

En todo caso, e como Fisterra, a pesar de non ter espazo físico para a Biblioteca, segue pertencendo á Rede Galega de Bibliotecas, xa pediron axuda para establecer o programa de arquivo.

Vecinos e as restauradoras da Igrexa recupera os libros da Biblio de Fisterra-Foto-Dario Gomez Vecinas recuperando libros en Fisterra-Foto-Dario Gomez Recuperando libros en Fisterra-Foto_Dario Gomez

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Concellería de Cultura de Fisterra.

Comentarios