Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os veciños de Fisterra reclaman novamente o porto deportivo

Os veciños de Fisterra reclaman novamente o porto deportivo
A directiva da asociación de veciños "Costa da Morte" de Fisterra acordou na súa última reunión reclamar unha vella demanda: a execución do proxecto do porto deportivo na vila. A entidade veciñal critica o destinterese e  "nula resposta dos distintos grupos políticos que gobernaron a Xunta de Galicia"  por unha reclamación veciñal de hai máis de 30 anos. A entidade veciñal de Fisterra sinala que o único que mostrou interese polo proxecto foi Carlos Negreira, durante o seu mandato como presidente en Portos de Galicia. Nese momento, sacouse a contración e adxudicouse a redacción do proxectos do Porto Deportivo de Fisterra que quedou "no baúl do olvido" co cambio de goberno. "Con motivo da grave crise económica este tipo de proxectos quedaron á espera de tempos mellores, razón pola cal consideramos, que unha vez superada esta etapa, é chegado o momento de retomar o proxecto do Porto Deportivo de Fisterra, o cal é agora máis factible xa que o pequeno contradique flotante que se instalou evitaría o efecto do reflujo ao pechar a entrada da marexada no porto pola bocana de acceso ao mesmo, unha vez construído o contradique do Porto Deportivo", indican dende a asociación de veciños de Fisterra. Ademais expoñen unha serie de motivos polos cales lle solicitan novamente a Portos de Galicia que proceda á contratación e execución do porto deportivo de Fisterra. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios