Os veciños de Fisterra reclaman novamente o porto deportivo
08:09 19/06/18
A directiva da asociación de veciños "Costa da Morte" de Fisterra acordou na súa última reunión reclamar unha vella demanda: a execución do proxecto do porto deportivo na vila. A entidade veciñal critica o destinterese e "nula resposta dos distintos grupos políticos que gobernaron a Xunta de Galicia" por unha reclamación veciñal de hai máis de 30 anos.
A entidade veciñal de Fisterra sinala que o único que mostrou interese polo proxecto foi Carlos Negreira, durante o seu mandato como presidente en Portos de Galicia. Nese momento, sacouse a contración e adxudicouse a redacción do proxectos do Porto Deportivo de Fisterra que quedou "no baúl do olvido" co cambio de goberno.
"Con motivo da grave crise económica este tipo de proxectos quedaron á espera de tempos mellores, razón pola cal consideramos, que unha vez superada esta etapa, é chegado o momento de retomar o proxecto do Porto Deportivo de Fisterra, o cal é agora máis factible xa que o pequeno contradique flotante que se instalou evitaría o efecto do reflujo ao pechar a entrada da marexada no porto pola bocana de acceso ao mesmo, unha vez construído o contradique do Porto Deportivo", indican dende a asociación de veciños de Fisterra.
Ademais expoñen unha serie de motivos polos cales lle solicitan novamente a Portos de Galicia que proceda á contratación e execución do porto deportivo de Fisterra.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Asociación de Veciños “Costa da Morte”