Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Outra Semana Santa sen procesións pero con retransmisións dixitais en Fisterra

A version virtual do ano pasado serviu para recuperar vellas imaxes da Semana Santa de Fisterra-1968
A version virtual do ano pasado serviu para recuperar vellas imaxes da Semana Santa de Fisterra-1968
Outra Semana Santa sen procesións pero con retransmisións dixitais en Fisterra

Pensabamos que a do 2020 ía ser a única Semana Santa, en 700 anos de historia, que non tería procesións. Pero este 2021 aínda vén complicado en materia sanitaria, polo que a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra vén de confirmar que que este ano tampouco sairán as procesións nin se celebrarán os actos vivientes da Semana Santa de Fisterra. “Todos sabemos o que pasou por salvar o Nadal e non queremos que se repita”, explican.

En todo caso, queren vivir os actos litúrxicos o máis intensamente posible, deixando patente que si se celebrarán as novenas, litúrgias da palabra, misas, etc. desde o Venres de Dores ata o Domingo de Resurrección. Todo estará baixo o protocolo covid con diferentes portas de entrada e de saída, distancia de seguridade, limitacións de aforo e gel para que non haxa ningún risco.

A rede, como o ano pasado, tamén ser importante, e faranse as exitosas retransmisións por Facebook. Todos os actos que se fagan na igrexa de Santa María das Areas serán retransmitidos en directo polo Facebook da Xunta de Cofradías para que, os que non poden achegarse á igrexa ou non poidan acceder polos aforos, poidan seguir os actos de igual xeito.

Novas relacionadas

Marzo 2020: A Semana Santa de Fisterra máis anómala dos seus 700 anos de historia enganchou á xente pola rede.

Comentarios