Venres. 29.03.2024
El tiempo

Pendentes dunha nova posible desaparición dun peregrino coreano no Cabo Fisterra

Pendentes dunha nova posible desaparición dun peregrino coreano no Cabo Fisterra
Imaxe do dispositivo de búsqueda do peregrino madrileño e policía nacional o pasado outubro no Cabo Fisterra Imaxe do dispositivo de búsqueda do peregrino madrileño e policía nacional o pasado outubro no Cabo Fisterra Hai menos dun ano un completo dispositivo recuperaba o corpo sen vida dun Policía Nacional madrileño que desaparecera nos cantís do Cabo Fisterra tras facer o Camiño. Esta fin de semana está Fisterra pendente da posible desaparición doutro peregrino, un cidadán coreano de 41 anos, chamado Jim Ha Cho. Onte domingo atopaban o seu bolso nas inmediacións do Faro Fisterra, no mesmo lugar onde se atopara a mochila do peregrino madrileño, con documentación persoal. As forzas policiais, pendentes de poder abrir un dispositivo oficial de búsqueda (ata esta mesma tarde non se cumplirán as 48 horas pertinentes para poñelo en marcha), estiveron preguntando polos establecimentos da vila fisterrá se estaba aloxado, pero parece ser que estaba hospedado en Santiago. Ao mesmo tempo, a súa familia coreana xa se puxo en contacto coa embaixada e coas empresas de viaxes para preguntar pola situación, pois cada segundo é un mundo para unha familia que non sabe do paradoiro dun dos seus membros. No bolso tiña unha cámara con fotos dos últimos días. Parece ser que é director dunha oficina de arquitectura en Seúl, e que levaba máis dun mes por España tomando fotos e apuntes. En todo caso, esperan que se trate dun simple esquecemento e que o home estea nalgún outro punto da nosa xeografía.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios