Martes. 12.11.2019
El tiempo

Piden a instalación de pasos de peóns e a redución da velocidade na Recta da Anchoa

Captura da recta da Anchoa, onde a velocidade segue a ser de 70 km/h
Captura da recta da Anchoa, onde a velocidade segue a ser de 70 km/h
Piden a instalación de pasos de peóns e a redución da velocidade na Recta da Anchoa
Reiteran a necesidade de instalar pasos de peóns e reducir a velocidade na Recta da Anchoa

A veciñanza da recta da Anchoa segue preocupada pola seguridade vial. A travesía da AC445 quedou defintivamente inserida dentro do casco urbano no marco da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Fisterra, pero as medidas de seguridade aínda non se tomaron.

Por iso, a Asociación de Veciños Costa da Morte pide que o Concello se coordine coa Jefatura Provincial de Trafico da Coruña para a instalación dos correspondentes pasos de peons na Avda. Anchoa, e/ou regulación semafórica, e que se reduza a velocidade de circulación dos vehículos a 50km/h.

A entidade razoa as peticións sinalando que “o número de vivendas construídas a ambos os dous lados do vial nestes últimos anos foi moi grande”, e lembrando que “ao longo do tempo producíronse numerosos atropelos con resultado de morte e/ou secuelas graves”.

Comentarios