Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Ponteceso albergará o Partido Solidario da Selección da Costa-QPC Masculina en favor de Princesas Rett

partido Solidario Seleccion Compos
Ponteceso albergará o Partido Solidario da Selección da Costa-QPC Masculina en favor de Princesas Rett

Este mércores 20 de decembro, ás 17:00h no Salón de Plenos do Concello de Ponteceso terá lugar a presentación do Partido Solidario da Selección da Costa - QPC Masculina contra o SD Compostela. Un evento que conta coa colaboración do SD Ponteceso, o Concello de Ponteceso e a RFGF.

Un partido, paralelo á cita solidaria do Combinado Feminino en Muros, que neste caso servirá para recadar fondos para a Asociación Princesas Rett. A vida de Daniela, a pequena pontecesá coa enfermidade de Rett, fixo que QPC decidira dedicar os cartos para a investigación desta enfermidade rara, e para axudar a súa familia no día a día.

Así o debullará Noelia Garrido, a súa nai, durante a presentación, na que tamén estarán o alcalde José Manuel Mato, a Concelleira de Deportes Raquel Fondo, e Ubaldo Cerqueiro como voceiro do equipo de deportes de QPC dirixido por Alberto Pose e Óscar Leis.

A idea é darlle continuidade ao 11 ideal escollido por unhas 70 persoas do Fútbol da Costa na Gala do Fútbol da Costa-QPC 22/23. Con todo, o equipo técnico formado por Dani CasalDavid Castro, que contarán co apoio de Manolo López (nomeado o Delegado do Ano polos colexiados), querrá ter a meirande representación de equipos. Mañá daremos a lista. 

A cita solidaria, que terá como speaker ao gran Antón Lestón, terá sorteos fantásticos para animar á xente a mercar rifas para recadar fondos para a entidade. 
Ademais, é intención de QPC e do Compostela xunta a todos os exgogadores costeiros do club nesta cita.

Máis info

Comentarios